Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo ACTÚA

Testemuños

Testemuños

IKLAS, refuxiada sudanesa no campo de Iridimi ao leste do Chad

Con tan só 15 anos obrigárona a casar e  tivo que abandonar os seus estudos. Ela coñece ben as dificultades que viven as nenas no Chad. Hoxe Iklas, con 4 nenos e 2 nenas ao seu cargo, continúa con grande determinación os seus estudos na escola secundaria. “A educación é moi importante para o futuro dos meus fillos”.

Guadalupe Flores, CIAZO El Salvador

Guadalupe Flores, de CIAZO El Salvador, explica o impacto da violencia sexual sobre as nenas e adolescentes no país. “A violencia sexual afecta especialmente ás nenas e está relacionada co problema dos embarazos na adolescencia”

KIM, estudante Fe y Alegría Guatemala

Cando tiña 12 anos tivo que traballar de cociñeira nunha casa porque o seu pai non lle deixou continuar cos seus estudos. En Totonicapán, Guatemala, o lugar de procedencia de Kim, as nenas son moito menos valoradas que os nenos e, por iso, moitas delas pasan a súa infancia ocupándose de tarefas domésticas, irmáns pequenos ou traballando noutras casas no canto de na escola.

LUCIA CHIVALÁN, Profesora en Guatemala

Ela vive en primeira persoa a discriminación que viven as nenas dende o momento do seu nacemento. As comadroas cobran o dobre se nace un neno que se nace unha nena.

SIFA KAITE, Coordinadora Protección á Infancia JRS Chad

Sifa cóntanos os problemas aos que se enfrontan as nena no Chad. Problemas que supoñen a vulneración dos seus dereitos, coma a mutilación xenital feminina.

“Se falamos de mutilación xenital feminina, é unha práctica prohibida no Chad, pero a xente continúa a facelo de forma confidencial e secreta. Para chegar á mutilación, hai todo un proceso que implica aos pais e a xente moi achegada aos pais. Como podería unha nena, que é menor, denunciar a todas estas persoas ante a xustiza? É realmente moi difícil.”

SOFÍA GUTIÉRREZ, Responsable de Acción Pública de Fe y Alegría Guatemala

Sofía traballa cada día defendendo os dereitos das nenas.  Guatemala é un dos países máis desiguais do mundo e a situación de violencia é moi drástica, sobre todo para as mulleres. “Polo feito de ser muller, unha xa sabe que está nunha situación desigual. Hai violencia física, violencia sexual e carga laboral, tamén dentro do fogar. Moitas das nenas teñen grandes responsabilidades cando aínda son nenas”.

Como di Sofía, para mudar as situacións de violencia é moi importante educar con calidade, educar para transformar. A través de A Luz das Nenas estanse a transformar as vidas de moitas nenas.