Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo ACTÚA

Política de privacidade

Esta Política de Privacidade é parte integrante das Condicións xerais. O acceso e a navegación no sitio, ou o uso dos servizos do mesmo, implican a aceptación das Condicións xerais (e por tanto da política de Privacidade e a Política de Cookies). Por favor, léaas atentamente.

Nesta Política de Privacidade informamos sobre:

– Quen é o responsábel do tratamento dos seus datos?

– Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

– Quen pode facilitarnos datos?

– Como é usada a información?

– ¿Cómo se usa la información?

– Comunicacións a través do correo electrónico

– Como e onde é compartida a información?

– Durante canto tempo imos manter os datos persoais?

– Seguridade dos seus datos

– Que dereitos ten?

– Responsábel da Privacidade

– Cambios na Política de Privacidade

Quen é o responsábel do tratamento dos seus datos?

FUNDACIÓN ENTRECULTURAS FE Y ALEGRÍA

Calle Maldonado, 1 A. Planta 3
28006 Madrid (España)
CIF. G-82409020
datos@entreculturas.org

Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A base xurídica que lexitima o tratamento dos seus datos é a obtención do seu consentimento mediante a aceptación da presente política de privacidade.

Quen pode facilitarnos datos?

Ao acceder á nosa páxina, manifesta que todos os datos que nos facilite, ben sexan obrigatorios para proporcionar o servizo ou información, ou ben datos voluntarios cando se desexa colaborar con nós, realizar algún comentario nos nosos blogs ou participar nas nosas peticións, son veraces e correctos; é dicir, responden á súa situación real. Proporcionar estes datos supón que foron subministrados voluntariamente e con consentimento para que poidan ser tratados tanto informaticamente como de forma non automatizada e para fins determinadas e lexítimas que a Fundación Entreculturas Fe y Alegría describe a continuación, non sendo utilizados para fins incompatíbeis, nin cedidos a terceiros sen o seu consentimento.

Que datos recompilamos?

Ao enviar unha consulta de información, apuntarse para recibir os nosos correos de novas, participar nas nosas accións, facilitar o seu apoio ás nosas campañas, pórse en contacto con nós a través do correo electrónico, realizar comentarios nos nosos blogs ou ben colaborar con nós (como socio e/ou coma doante), podemos solicitarlle que nos facilite unha serie de datos e informacións persoais coma o seu nome, apelidos, enderezo, correo electrónico, teléfono de contacto, etc. Para ser socio ou doante da Fundación Entreculturas Fe y Alegría, solicitaremos outras categorías de datos.

O datos que solicitamos, e que son obxecto de tratamento serán sempre adecuados, pertinentes e non excesivos á súa solicitude de información, colaboración e/ou participación dentro da Fundación Entreculturas Fe y Alegría.

Como se usa la información?

A Fundación Entreculturas Fe y Alegría usará a información que nos proporciona para as finalidades requiridas en cada un dos formularios de recollida de datos:

a) Resposta a solicitudes de Información do usuario. No caso de que nos remita unha solicitude de información, trataremos os seus datos coa fin de recibir, xestionar, tramitar e dar resposta ás consultas e solicitudes de información que nos envíe a través das diversas formas de contacto, web ou remitidas ás nosas sedes e delegacións.

b) Subscrición ao Boletín de novas. Trataremos os seus datos de identificación e correo electrónico para enviarlle as nosas novas. Poderá darse de baixa en calquera momento.

c) Colaborar ou participar nas accións de petición organizadas pola Fundación Entreculturas Fe y Alegría. Os datos facilitados serán tratados para remitirlle información a través de correo electrónico e/ou postal das nosas accións ou de accións organizadas conxuntamente con terceiros por parte da Fundación. Se as peticións son presentadas ante un organismo nacional ou supranacional, poderán cederse os datos facilitados á mesma para a comprobación e verificación das peticións presentadas.

d) Participar e incorporar comentarios nos nosos blogs. Para participar nos nosos blogs e que o seu comentario poida publicarse, trataremos os datos de usuario e correo electrónico coa finalidade de identificar e xestionar a publicación do mesmo na nosa web.

e) Colaborar activamente mediante unha doazón ou facerse socio da Fundación Entreculturas Fe y Alegría. No caso de que acceda ao noso formulario na sección “colabora” e cumprimente os seus datos, a información facilitada será tratada coa fin da xestión económica, contábel, fiscal e administrativa de asociados e doantes da Fundación Entreculturas Fe y Alegría.

f) Outras actividades organizadas pola Fundación Entreculturas Fe y Alegría. Poderase colaborar e participar en accións organizadas e/ou promovidas pola Fundación, facilitando os datos que sexan solicitados nos formularios correspondentes e para as finalidades expresamente indicadas nos mesmos.

Comunicacións a través do correo electrónico

Ao enviarnos unha consulta ou solicitude de información a través do correo electrónico de contacto, estanos a proporcionar o consentimento, consciente e expreso para o tratamento dos datos facilitados á Fundación Entreculturas Fe y Alegría.

Nos nosos correos electrónicos atopará información para revocar o consentimento ou darse de baixa de calquera comunicación da Fundación Entreculturas Fe y Alegría.

Como e onde é compartida a información?

A Fundación Entreculturas Fe y Alegría informa, de modo expreso, que nos supostos nos que colabore ou participe en determinadas accións (Carreira solidaria, Concerto solidario, Peticións ás Nacións Unidas, Socios e Doazóns, etc.), procederemos a ceder os seus datos aos organismos e administracións, bancos e outras entidades colaboradoras dacordo coa normativa legal vixente e para a xestión corporativa da información.

Durante canto tempo imos manter os datos persoais?

• Os datos persoais serán mantidos mentres siga vencellado a nós.

• Unha vez se desvencelle, os datos persoais tratados en cada fin serán mantidos durante os prazos legalmente previstos, incluído o prazo no que un xuíz ou tribunal poida requirilos atendendo ao prazo de prescrición de accións xudiciais.

Seguridade dos datos proporcionados

A Fundación Entreculturas Fe y Alegría da grande importancia á seguridade de toda a información e aos datos de carácter persoal que tratamos. Desafortunadamente, a transmisión de información a través da internet non é completamente segura; por iso, facemos esforzos e destinamos recursos a mellorar cada día a nosa páxina e que as funcionalidades que se poñen á súa disposición sexan máis seguras (a funcionalidade https foi implantada nos formularios de socios e doazóns, coa fin de protexer os datos económico-financieros con ferramentas de cifrado SSL).

Unha vez recibimos a súa información, implántanse medidas de seguridade para garantir o acceso, confidencialidade, integridade e evitar calquera perda, mal uso e/ou alteración dos datos que están baixo o noso control. As nosas políticas de seguridade e privacidade son revisadas periodicamente e melloradas segundo sexa necesario e só o persoal autorizado ten acceso á información do usuario.

Que dereitos ten?

• A saber se estamos a tratar os seus datos ou non.

• A acceder aos seus datos persoais.

• A solicitar a rectificación dos seus datos se son inexactos.

• A solicitar a supresión dos seus datos se xa non son necesarios para as fins para as que foron recollidos ou se retira o consentimento outorgado.

• A solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nalgúns supostos, neste caso só serán conservados dacordo coa normativa vixente.

• A remitirlle os datos que sobre vostede garde ENTRECULTURAS e que lle serán facilitados nun formato estruturado, de uso común ou lectura mecánica. Se o prefire, podemos enviarllos ao novo responsábel que designe.(Só é válido en determinados supostos).

• A presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ou autoridade de control competente, se cre que non o atendemos correctamente.

• A revocar o consentimento para calquera tratamento ao que consentira, en calquera momento.

Se modifica algún dato, agradeceremos que o comunique para mantelos actualizados.

A páxina http://laluzdelasninas.org pode conter enlaces cara e dende outras páxinas web, ben dos nosos patrocinadores, socios, empresas asociadas ou empresas colaboradoras, entre outros. Se accede a estas páxinas, debe ter en conta que estas poden volver a solicitar datos ou informacións persoais. Por iso, rogamos que cando visite esas páxinas, revise tamén a súa política de privacidade.

Responsábel da Privacidade

En calquera momento se poden solicitar, de modo totalmente gratuíto, ben por carta ou a través do correo electrónico, o exercicio dos seus dereitos, debendo incorporar á súa solicitude fotocopia do seu DNI/NIE/Pasaporte, posto que se trata dun dereito personalísimo.

As solicitudes deberán remitirse ao responsábel de privacidade no seguinte enderezo:

FUNDACIÓN ENTRECULTURAS FE Y ALEGRÍA
Att. Responsable Privacidad
Calle Maldonado, 1 A. Planta 3.
28006 Madrid (España)

Cambios na Política de Privacidade

A Fundación Entreculturas Fe y Alegría pode modificar ou adaptar a súa Política de Privacidade e Tratamento de datos de Carácter Persoal. Recomendamos que visite esta sección cada vez que navegue polo sitio para estar sempre informado con carácter previo a calquera dato que nos poida facilitar.