Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo ACTÚA

Intervenciones

Intervenciones

1. "Círculos felices" en Guatemala para a escoita e o desenvolvemento da autoestima nas nenas

A través de Fe y Alegría Guatemala promovemos, dentro dos centros educativos, espazos para o acompañamento e atención psicosocial das nenas. A través das distintas actividades en grupo e os obradoiros de expresión artística e musical, as nenas atopan un espazo de protección e seguridade para expresarse e compartir.

2. Atención psicosocial a nenas vítimas da violencia intrafamiliar no Haití

Con Fe y Alegría en Haití levamos a cabo un programa de atención psicosocial nas escolas dirixido a nenas que sofren violencia dentro do ambiente familiar. Ademais do acompañamento e atención individual que as axuda a reconstruír a súa autoestima, as dinámicas en grupo con outras nenas, que inclúen expresión artística e cultural, permítenlles construír relacións e vencellos positivos entre elas.

3. "Clubs de mozas" para a promoción da hixiene e a saúde menstrual no Chad

Traballamos xunto ao Servizo Xesuíta a Refuxiados no Chad (SJR) apoiando a nenas e adolescentes a través do reparto de material para a hixiene persoal, da construción de baños e espazos seguros para elas e a través da formación e capacitación en temas de saúde sexual e reprodutiva. Formáronse espazos (clubs) onde as mozas poden expresar libremente as súas   preocupacións e dúbidas sobre a menstruación, os cambios físicos e emocionais durante a puberdade, a prevención do embarazo precoz e a violencia sexual.

4. Reforzo escolar a nenas desprazadas vulnerables na R. D. do Congo

Na R. D. do Congo apoiamos, a través do Servizo Xesuíta a Refuxiados, o acceso e continuidade á educación de nenas desprazadas especialmente vulnerables, dando prioridade a aquelas que están a cargo da familia (menores e anciáns).

En resposta ao alto nivel de deserción e abandono das nenas, a intervención incide na formación e capacitación a través de sesións de formación e obradoiros preparatorios para os exames finais. Estas formacións ademais de mellorar a súa preparación, reforzan a súa confianza e autoestima.

5. Acompañamento integral a nenas embarazadas en Nicaragua

Xunto ás Comunidades Eclesiais de Base (CEBs) en Nicaragua, previmos e atendemos a nenas e adolescentes que viven unións e embarazos precoces. Apoiamos a súa continuidade educativa con bolsas escolares, ofrecémoslles acompañamento médico e psicolóxico e axudámolas na construción dun proxecto ou plan de vida que as axude a xerar cambios positivos nas súas vidas. Ademais, traballamos para acadar a implicación e sensibilización das familias.

6. Formación docente para identificar e detectar a violencia contra as nenas en Perú

Con Fe y Alegría Perú estamos a incorporar nas escolas plans de formación para capacitar aos docentes na detección e identificación de casos de violencia contra as nenas. Os docentes contan coas ferramentas precisas para atender e derivar ás nenas vítimas da violencia.

Asemade, dende a escola trabállase en coordinación coas institucións competentes para garantir unha atención integral ás nenas.