Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo ACTÚA

Viaxamos ata o Chad e Guatemala para mellorar a nosa intervención a favor das nenas

Viaxamos ata o Chad e Guatemala para mellorar a nosa intervención a favor das nenas

Xunto ás nenas e nenos que atendemos, as súas nais e pais, os seus docentes e demais persoal implicado nos nosos proxectos, estamos a levar a cabo diagnósticos nos países nos que actuamos para poder incidir social e institucionalmente de forma máis efectiva e garantir a protección das nenas e o cumprimento dos seus dereitos.

Comezamos en Guatemala, o Chad e España, pero pronto continuaremos en Haití e a R. D. do Congo, así coma no resto de países que forman parte do programa A LUZ das NENAS.

Grazas a estes diagnósticos podemos analizar profundamente o que xa facemos e detectar os principais problemas, necesidades e oportunidades do contexto. Ademais, podemos visualizar os cambios intermedios que debemos acadar, para establecer os pasos a dar, as persoas coas que temos que contar e os recursos que precisamos para acadar os obxectivos.

Volver