Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo ACTÚA

Nenas libres de violencia: dereito á educación, garantía de igualdade

Nenas libres de violencia: dereito á educación, garantía de igualdade

A violencia contra as nenas é un problema global que, como cidadáns, aféctanos a todos. Cada nena ten dereito a vivir libre de violencia, discriminación, intimidacións e abusos. Porén, hoxe en día a violencia nega este dereito a millóns de nenas en todo o mundo: continúa a ser unha das violacións máis persistentes, sistemáticas e xeneralizadas dos dereitos humanos. Por iso, dende Entreculturas, mediante o informe “Nenas libres de violencia: dereito á educación, garantía de igualdade”, queremos poñer o foco na violencia que mina os dereitos das nenas para que se desenvolvan libres e vivan en igualdade.

O informe analiza as relacións entre a educación, violencia, igualdade de xénero e desenvolvemento dende o marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel, caracteriza algunhas das vulneracións dos dereitos das nenas no seu ciclo vital, coma a mutilación xenital feminina, o matrimonio infantil, os embarazos precoces, etc. e analiza de xeito específico a prevalencia de situacións de violencia ás que se enfrontan as nenas no espazo privilexiado de socialización que supón a escola e o ambiente escolar no seu conxunto. Por último, aborda as consecuencias das distintas formas de violencia e o seu impacto sobre o dereito á educación das nenas. Entón, faise un balance sobre as prácticas e políticas de loita contra a violencia de xénero nas escolas e se sintetizan doce conclusións co obxectivo de facilitar un mapa para o deseño de propostas de cambio político e social a través de medidas concretas recollidas en oito recomendacións.

A violencia cara as nenas ten as súas raíces na desigualdade estrutural existente nas relacións de poder entre homes e mulleres. As perniciosas normas sociais e de xénero establecidas determinan que as nenas son menos valiosas que os seus homólogos masculinos, e perpetúan o control masculino e a idea de que as mulleres e as nenas están baixo o seu poder. A esta desigualdade subxacen as normas, tradicións, prácticas sociais e ideas sobre a autoridade, a xerarquía e a disciplina. Outras características da identidade das nenas coma a clase, casta, etnia, relixión, orientación sexual, a súa diversidade funcional ou a súa situación de mobilidade forzosa, aumentan a súa posibilidade de enfrontarse a situacións de violencia.

Imos erradicar a violencia cara as nenas: sabemos que require intervencións intersectoriais a todos os niveis para abordar a desigualdade de xénero, profundamente arraigada, que a provoca. Non obstante, é posible acabar con ela, e cada persoa ten que facer a súa parte: tanto a nivel individual como colectivo, debemos defender os dereitos das nenas e rexeitar abertamente a discriminación e os abusos.

Así, defendemos que a educación xoga un papel fundamental na construción dun mundo máis igualitario, xusto e pacífico. A educación non só reflexa as consecuencias da discriminación das nenas, pero tamén, educando en igualdade podemos reverter as causas desa discriminación. A educación é unha potente ferramenta de cambio: unha educación de calidade, equitativa, inclusiva, transformadora, e que se orienta ao compromiso pola construción de sociedades máis xustas baseadas nunha ética común dos dereitos humanos dende a equidade e a corresponsabilidade entre mulleres e homes.

Volver