Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo ACTÚA

Lanzamento A LUZ das NENAS

Lanzamento A LUZ das NENAS

Cada nena ten dereito a vivir libre de violencia, discriminación, intimidacións e abusos. Porén, hoxe en día a violencia nega este dereito a millóns de nenas de todo o mundo: continúa a ser unha das violacións máis persistentes, sistemáticas e xeneralizadas dos dereitos humanos. Por iso, con motivo do Día Internacional da Nena, que se celebra o vindeiro 11 de outubro, lanzamos hoxe A Luz das Nenas “para dar visibilidade á desigualdade que sofren as nenas, protexelas fronte á violencia, valorar a súa capacidade para elixir o seu futuro e incidir para transformar as causas da inxustiza contra elas”, segundo Raquel Martín, a nosa Directora de Comunicación e Desenvolvemento Institucional. “Queremos que brille a súa luz. As nenas teñen dereito a unha infancia en igualdade de oportunidades, libre de medos, de ameazas e agresións. A educación pode defendelas, protexer os seus dereitos, transformar as súas vidas”, afirmou no acto de presentación da campaña.

Daniel Villanueva, Vicepresidente da Fundación Entreculturas durante a presentación explicou que “hoxe en día, a violencia nega o dereito á educación a millóns de nenas de todo o mundo: continúa a ser unha das violacións máis persistentes, sistemáticas e xeneralizadas dos dereitos humanos. Non falamos de anécdotas: 240 millóns de nenas ven a súa vida ameazada pola violencia, máis de 200 millóns de nenas no mundo sufriron mutilación xenital. Cada ano 12 millóns de nenas son casadas antes de facer os 18 anos. Máis de 150 millóns sofren violencia sexual. E 34,2 millóns de nenas e mulleres son refuxiadas ou desprazadas”. A maioría de nenas no mundo vense obrigadas a realizar tarefas do fogar como cociñar, ir a buscar leña, auga ou quedar ao cargo dos seus irmáns pequenos. Estas formas de violencia contra as nenas provocan nelas graves secuelas psicolóxicas, físicas e sociais que as marcan para sempre, e afástanas das escola, da súa infancia e das súas oportunidades.

Para dar testemuño destas realidades de inxustiza podemos escoitar os testemuños de mulleres que combaten a violencia contra as nenas en Guatemala e no Chad. A primeira foi Sifa Kaite, Coordinadora de Protección á Infancia do Servizo Xesuíta a Refuxiados do Chad. O seu traballo está vinculado coas diversas formas de violencia que enfrontan as nenas refuxiadas nos campos e que ela afirma que “son innumerables” destacando “a mutilación xenital feminina (MGF), o matrimonio forzado, o matrimonio precoz, as tarefas do fogar, o abandono escolar e a violencia sexual”. Todas estas prácticas daniñas supoñen unha vulneración dos dereitos humanos das nenas moi grave, truncando a súa autoestima e desenvolvemento e obstaculizando a súa continuidade educativa. Sifa reivindicou que “A violencia contra as nenas impídelles gozar e exercer os seus dereitos humanos: o dereito á educación, o dereito ao xogo, o dereito á saúde, ou o dereito á expresión de opinión, entre outros”.

Para combater esta realidade, Entreculturas e o Servizo Xesuíta a Refuxiados a través do Programa Luz das Nenas realiza tarefas de prevención e resposta. “Mestres en escolas que fan prevención continuamente, incidencia, charlas educativas, sensibilización, creación dun club de nenas para a difusión de información sobre menstruacións, VIH SIDA, prevención do embarazo precoz ou a distribución de kits de hixiene” segundo contou Sifa. “Ás nenas preocúpalles saber se o que están a experimentar elas está a suceder noutra parte. Queren estar tranquilas. Saber que non son as únicas que viven estes retos”.

Polo seu lado, Sofía Gutiérrez, Responsable de Acción Pública de Fe y Alegría Guatemala, coñece a realidade que enfrontan as nenas no seu país, moi condicionada polas altas cifras de violencia sexual, embarazos e unións de menores, que teñen maior prevalencia entre a poboación indíxena. En Guatemala o ano pasado atendeuse a máis de 4.000 nenas e adolescentes que sufriran violencia e abuso sexual. Tamén é testemuño das múltiples discriminacións contra as nenas, que decote lévaas a estar sobrecargadas de tarefas domésticas, o que en moitos casos dificulta que permanezan na escola e acceder a estudos superiores e por tanto ao mundo laboral en igualdade de condicións que os seus pares nenos. “O traballo de A Luz das Nenas en Guatemala concéntrase na prevención da violencia e na creación de espazos seguros para as nenas nas escolas, nos que se sintan en confianza para falar, de modo que por unha parte fortalezan a súa autoestima, e por outra parte pódanse detectar a tempo as situacións de violencia que estean a sufrir, así coma darlles acompañamento psicosocial”.

Gemma López, responsable do departamento de América Latina e Caribe de Entreculturas presentou os obxectivos de A Luz das Nenas “dar visibilidade á desigualdade que sofren as nenas, protexelas fronte á violencia e seguir a fortalecer mecanismos de protección, valorar a súa capacidade para elixir o seu futuro e incidir para transformar as causas desta inxustiza”. Tamén falou sobre o informe que acompaña á campaña “Nenas libres de violencia: dereito á educación como garantía de igualdade” e que analiza o concepto de violencia e as súas principais causas.

As nenas teñen que atopar soporte nos sistemas públicos de protección: isto implica fortalecer a coordinación das institucións que traballan nos sectores de educación, saúde, protección da infancia e xustiza, entre outros. É preciso eliminar os obstáculos que impiden o acceso á educación das nenas destinando a inversión suficiente e aplicando incentivos e bolsas. Especialmente relevante é asegurar que aquelas niñas que sofren múltiples desvantaxes –por vivir en zonas remotas ou en conflito, pertencer a minorías, ter algunha diversidade funcional ou ser esposas ou nais adolescentes– accedan a unha educación de calidade que as inspire, capacite e ofreza oportunidades para acadar a súas metas vitais. Unha vez dentro das escolas, o reto non acaba e debemos estar vixiantes para educar en igualdade. Tanto os estados coma as comunidades educativas teñen que traballar para transformar as escolas en espazos protectores e seguros, o que implica contar con infraestruturas escolares inclusivas e adecuadas ás necesidades específicas de nenas e mozas e, ademais, promover na comunidade escolar a reflexión e toma de conciencia sobre as normas de xénero desiguais que alimentan a violencia para revisalas de modo crítico e así transformalas. Ademais, as escolas deben establecer programas orientados á prevención, detección e actuación ante calquera caso de violencia xerando confianza nas nenas cara estes sistemas e afastándoas da culpabilización ou incluso o estigma. O equipo docente debe estar formado en materia de igualdade de xénero e en prevención e detección da violencia cara as nenas.

Gemma explicou tamén que “Entreculturas traballou dende o ano 2012 en 15 países a través do Programa A Luz das Nenas abrindo oportunidades para que a súa luz brille”. Dende a creación do Programa A Luz das Nenas en 2012, atendeuse a 32.747 nenas en 15 países (R. D. do Congo, República Centroafricana, Sudán do Sur, o Chad, Quenia, Guatemala, Nicaragua, Haití, O Salvador, Honduras, Perú, Bolivia, Camerún, Angola, Sudán). Actualmente, no ano 2018, están a participar no Programa 12.700 nenas de 11 países (R. D. do Congo, República Centroafricana, Sudán do Sur, o Chad, Quenia, Guatemala, Nicaragua, Haití, O Salvador, Honduras, Perú)”. En tres liñas de acción: fomentando o seu acceso e a permanencia escolar, previndo, detectando, atendendo e denunciando a violencia contra as nenas e ofrecendo rehabilitación psicolóxica e social ás nenas vítimas de violencia, mellorando a súa autoestima e realizando actividades de formación e integración.

Para conseguir a transición cara un modelo igualitario de sociedade, as persoas, organizacións, escolas e comunidades temos o deber de romper o silencio fronte á violencia exercida cara as nenas e garantir o seu acceso á xustiza, así como de desenvolver, difundir e coñecer rutas de protección e de restitución dos seus dereitos. O modo máis eficaz de combater a violencia contra as nenas consiste en modificar as estruturas e deconstruír as actitudes e normas sociais que sustentan a violencia e a discriminación. Deste modo, seremos quen de desnaturalizar toda forma de violencia e discriminación contra as nenas e as mulleres transformando as relacións de poder entre homes e mulleres, nenos e nenas, do seu estado actual, cara un modelo respectuoso e de bo trato, baseado no recoñecemento da igualdade e da liberdade de cada ser humano.

Volver