Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo
Entreculturas ONG Jesuita para la educación y el desarrollo ACTÚA

Programa a luz das nenas

Programa a luz das nenas

Ante a violencia e a desigualdade que viven as nenas en todo o mundo, queremos:

A través do noso programa A LUZ DAS NENAS, en marcha dende o ano 2012, participaron máis de 32.000 nenas de distintos países de África e América Latina. Son nenas en alto risco de sufrir calquera tipo de violencia: nenas en situación de extrema pobreza, de desprazamento, migración ou refuxio, en risco de embarazo, pertencentes a poboacións indíxenas, con algunha discapacidade ou vítimas de matrimonio precoz, de conflitos ou de violencia sexual.

Este programa pretende diminuír a situación de violencia física, psicolóxica e sexual que sofren as nenas, a través de tres liñas fundamentais:

1. Atención a nenas e adolescentes vítimas da violencia

Ofrecemos rehabilitación psicolóxica e social ás nenas vítimas da violencia, mellorando a súa autoestima e realizando actividades de formación e integración. Detectamos e atendemos a violencia contra as nenas e acompañamos a denuncia dos casos máis graves.

- Colexio Fe y Alegría Guatemala.

2. Prevención da violencia contra as nenas

Prevemos e denunciamos a violencia contra as nenas, xerando ambientes escolares seguros para elas e promovendo relacións equitativas, traballando ademais con docentes, familias e institucións. Traballamos para mellorar a protección de nenas e adolescentes, así coma a súa autoestima e percepción. Ofrecémoslles formación en saúde sexual e reprodutiva e, xunto á comunidade educativa, xeramos ambiente escolares seguros que promovan relacións equitativas que preveñan a violencia de xénero na escola.

- Colexio Fe y Alegría Cannán, Haití

3. Acceso educativo para nenas

A educación é un medio fundamental para acadar o cambio e a xustiza social. A escola pode ser un espazo seguro onde se reciba unha educación de calidade, integral e inclusiva e un axente que traballe en comunidade e en rede, axudando a combater a violencia contra as nenas.

Por iso, fomentamos o acceso á educación e á súa permanencia escolar a través de bolsas, reforzo escolar, distribución de kits de hixiene persoal e acompañamento para a mellora do seu benestar psicosocial.

- Campo de refuxiados sudaneses no Chad.

32.747 nenas atendidas no programa

ANGOLA

ANGOLA

Beneficiarias

1.086

Linas de intervención

  • Atención ás vítimas da violencia
  • Acceso á educación
  • Prevención da violencia de xénero

BOLIVIA

BOLIVIA

Beneficiarias

378

Linas de intervención

  • Prevención da violencia de xénero

CAMERÚN

CAMERÚN

Beneficiarias

450

Linas de intervención

  • Acceso á educación
  • Prevención da violencia de xénero

CHAD

CHAD

Beneficiarias

13.107

Linas de intervención

  • Acceso á educación
  • Prevención da violencia de xénero

EL SALVADOR

EL SALVADOR

Beneficiarias

127

Linas de intervención

  • Prevención da violencia de xénero

GUATEMALA

GUATEMALA

Beneficiarias

2.182

Linas de intervención

  • Acceso á educación
  • Prevención da violencia de xénero

HAITÍ

HAITÍ

Beneficiarias

990

Linas de intervención

  • Atención ás vítimas da violencia
  • Prevención da violencia de xénero

HONDURAS

HONDURAS

Beneficiarias

314

Linas de intervención

  • Atención ás vítimas da violencia
  • Prevención da violencia de xénero

QUENIA

QUENIA

Beneficiarias

60

Linas de intervención

  • Atención ás vítimas da violencia
  • Acceso á educación

NICARAGUA

NICARAGUA

Beneficiarias

3.688

Linas de intervención

  • Atención ás vítimas da violencia
  • Acceso á educación
  • Prevención da violencia de xénero

PERÚ

PERÚ

Beneficiarias

1.094

Linas de intervención

  • Acceso á educación
  • Atención ás vítimas da violencia

RD CONGO

RD CONGO

Beneficiarias

2.709

Linas de intervención

  • Atención ás vítimas da violencia
  • Acceso á educación
  • Prevención da violencia de xénero

REPÚBLICA CENTROAFRICANA

REPÚBLICA CENTROAFRICANA

Beneficiarias

2.220

Linas de intervención

  • Atención ás vítimas da violencia
  • Acceso á educación

SUDÁN

SUDÁN

Beneficiarias

2.340

Linas de intervención

  • Acceso á educación

SUDÁN DO SUR

SUDÁN DO SUR

Beneficiarias

2.002

Linas de intervención

  • Acceso á educación
  • Prevención da violencia de xénero

Queremos nenas libres de violencia

Por iso queremos impulsar unha protección internacional efectiva dos Dereitos das Nenas, para que deixen de ser suxeitos de violencia, intimidación e abusos. Co teu apoio defenderemos os seus dereitos ante a Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos.

Actúa

PODES AMPLIAR A INFORMACIÓN NO NOSO INFORME “NENAS LIBRES DE VIOLENCIA”